lunes, 30 de marzo de 2015

Curación de contidos (Content Curation)


Curación de contidos (Content Curation)




Unha das moitas definicións que se poden atopar na web sobre o concepto "Content curation" é: atopar, agrupar, organizar e compartir o mellor contido dun tema específico, según Rohit Bhargva.

Rohit Bhargva no Manifiesto for the content curator alertaba da necesidade de crear un novo rol profesional: alguén no que o seu traballo non é crear contido, senón caracterizar o contido que outros crean.

Dende o meu punto de vista, actualmente a Web está saturada de información polo que debemos de convertirnos en curadores de contidos.  

Estes son os pasos que todos os docentes temos que ter en conta para facilitar o aprendizaxe dos nosos alumn@s.

1. Buscar a información na web, a través de ferramentas como Google, Twitter, Youtube, Wikipedia, ect......



2. Filtrar e organizar a información que mais nos interesa, mediante Feedly, Diigo, Pinterest........






3. Compartir a información un vez amañada por nós, por medio de plataformas como Blogger, Twitter, Google+.......



Para poñer fin a este artígo sobre como se fai curación de contidos, subo esta imaxe para ilustrar desta maneira o labor dun docente. Ademais, tamén recomendo o libro“El Content Curator”














No hay comentarios:

Publicar un comentario